fbpx
Pedra de Abalar de Muxía / descubriendogalicia.blospot.com

Cal será o futuro da Pedra de Abalar de Muxía?

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Muxía quere facer un último intento para tentar que a Pedra de Abalar volva a abalar para goce de veciños e turistas. De feito, o consistorio que dirixe o socialista Félix Porto está convencido de que canto máis abale a pedra, máis turistas atraerá.

A Pedra de Abalar xa non avala despois de que un forte temporal en 2014 volvera a rachala e desprazala do seu lugar orixinal. Desde entón, os intentos por volver compoñer a rocha foron infrutuosos.

A Xunta, tras encargarlle un informe á empresa Terra Arqueos, decidiu que non ía volver movela e ofreceulle ao concello pór en marcha o proxecto para musealizar o anaco desprendido que, actualmente, se atopa no atrio da Igrexa da Virxe da Barca.

Sen embargo, o concello quere facer un último intento en base a outro estudo realizado polo especialista local Antón Castro que está convencido de que a pedra podería volver a abalar. E é que segundo as súas propias investigacións e medicións, a rocha está desprazada e bastante (uns 45 centímetros) do que debe ser o seu lugar para que oscile como outrora.

 

“Non estamos para tirar os cartos”

”Non estamos falando de grandes cantidades pero tampouco estamos para tirar vos cartos, co cal, se non temos certas garantías de que a Pedra vaia abalar, non faríamos ou investimento. Agora, se temos unha dúbida razoable de que abale, dende ou Concello estariamos dispostos a asumir o custe”, suliñou o rexedor en Radio Voz Bergantiños.

Por iso, o concello muxián sufragará un novo estudo de viabilidade dirixido por Castro, que está pendente a opinión dun grupo de especialistas que teñen previsto visitar a zona a finais de mes. Se finalmente, este estudo conclúe que a pedra pode ser pegada de novo, o concello investirá na obra.

Non é a primeira vez que esta rocha ten que ser reparada. Despois de abanear durante moitos centos de anos, en decembro do ano 1978 un forte temporal que afectou a toda a costa galega desprazouna do seu lugar primitivo, rompéndoa en anacos. Foi reparada pero a a súa fraxilidade fixo que tivera que ser reparada en varias ocasións.

Lendas

O interese do concello en reparala de novo é o seu atractivo turístico. E é que a Pedra de Abalar é un dos grandes atractivos cos que conta a Romaría da Barca. Está chea de lendas que din que pedra abanea cando quere. Así, mentres que nalgunhas ocasións moitas persoas enriba non eran quen de movela, noutras abaneaba soa.

Vicente Risco conta que durante a Guerra Civil entre Castela e Portugal, que durou sete anos, a Pedra non abaneou. Tamén se conta que nunha ocasión que quixeron roubar no Santuario da Barca, a Pedra comezou a abanear tan forte que co seu rouco soar espertou a todos os veciños, asustando aos ladróns. Fonte: propia, La Voz, Concello de Muxía

Pode que che interese...