fbpx
Torre da Pena / foto Turismo de Galicia

Nova vida para a torre que domina a paisaxe de toda a Limia

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha torre medieval visible dende toda a Limia. Así é o castelo da Pena, no concello de Xinzo, os restos dun castelo medieval cunha gran torre da homenaxe sobre un outeiro que domina toda a comarca. Unha torre durante séculos en ruínas, que tivo dúas sondaxes arqueolóxicas nos anos 2016 e 2017 e que agora se quere recuperar.

E é que a Consellería de Cultura acaba sacar a licitación por un importe de preto de 250.000 euros as obras de “escavación, consolidación e acondicionamento do castelo da Pena”. As obras terán un prazo de execución de nove meses e atópanse cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa Feder.

Preténdense desenvolver traballos de escavación, consolidación e acondicionamento do recinto da fortaleza, así como tamén traballos de investigación, documentación e divulgación. Escavarase e consolidarase o edificio, acondicionándoo tamén para a visita, con sinalización e cartelería in situ no lugar.

Torre da Pena / foto Turismo de Galicia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...