fbpx
O antropólogo Rafael Quintía / atlantico.net

O antropólogo Rafael Quintía Pereira gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016

Tempo de lectura: < 1 min.

O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que este ano cumpre os seus XVI edición, pola obra ‘Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia’, do que destaca “a prosa áxil e fluída na que está escrito”.

Así o comunicou a Xunta, que convoca este premio a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto á Editorial Galaxia, e coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación do traballo pola editorial.

O xurado estivo conformado por Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Marilar Aleixandre, Uxío Labarta e Inma López Silva, que elixiron por maioría esta peza, da que tamén puxeron en valor “a inserción do ensaio nunha tradición que crava as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos”.

Este traballo galardoado co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio céntrase na apropiación dos mitos céltico por parte do cristianismo, exemplificados a través das múltiples Santas Mariñas en Galicia, os espazos, fontes, da cal árbores e lagoas sagradas foron convertidos en culto cristián.

Rafael Quintía Pereira é licenciado tanto en antropoloxía social e cultural coma en ciencias económicas e empresariais, e tamén é músico tradicional, escritor e documentalista. En concreto, é autor dunha decena de ensaios e gañou o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e o Premio de investigación Luís Cuadrado. Tamén é o presidene da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Hai uns días, Quintía publicaba no HdG un artigo sobre as tradicións galegas no Nadal.