Desembarco de mariños ingleses en Vilagarcía / www.patrimoniovilagarcia.com

Vilagarcía, o porto galego da Royal Navy

Tempo de lectura: 2 min.

Xoán Carlos Porto, coordinador de www.patrimoniovilagarcia.com

O contacto de Vilagarcía de Arousa con Inglaterra foi moi fluído durante moitos anos. De feito, aos vilagarciáns aínda se lles coñece como “Os Ingleses”. Durante 56 anos, só interrompidos pola Primeira Guerra Mundial, este concello foi un auténtico fervedoiro de mariños, oficiais e mariñeiros da Royal Navy aumentando a poboación de Vilagarcía considerablemente.

Tal era a presencia inglesa na cidade que mesmo houbo que construír un cemiterio, diferente ao dos católicos. É o “Cemiterio Naval Británico” ou “Cemiterio dos ingleses”, e que foi o que lle deu o apelativo de “ingleses” aos habitantes de Villagarcía de Arousa. Nel se enterraron aos mariños que morrían ás veces na ría e outros na mesma cidade.

Cemiterio inglés en Vilagarcía de Arousa / www.patrimoniovilagarcia.com

Cemiterio inglés en Vilagarcía de Arousa / www.patrimoniovilagarcia.com

Cemiterio inglés

O cemiterio data de 1911, é consecuencia das paradas que realizaba a Royal Navy na cidade, a primeira documentada data de 1874 e a última foi en 1936. O establecemento do cemiterio inglés en Vilagarcía foi obra dun dos vicencósules que máis pegada deixou no municipio, Cameron Walker, socio fundador do Real Club de Regatas.

De feito, existe un documento único e excepcional desta relación. É o desembarco no ano 1919 da Royal Navy, así como os paseos da tripulación por aquela Vilagarcía antiga onde se distintuen o antigo Peirao de Ferro, o antigo Balneario da Concha e varias rúas do pobo. Javier Torres foi quen comunicou a localización desta xoia retrospectiva e a Rafa Sabugueiro quen realizou a montaxe.

 

 

1919 LA ROYAL NAVY desembarca en Vilagarcía de Arousa from RAFA SABUGUEIRO on Vimeo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: