fbpx
O Carballo de Santa Margarida, en Pontevedra, será recuperado / pontevedraviva.com

Denuncian a situación de abandono dun carballo centenario que formou parte dun bosque sagrado

Tempo de lectura: 3 min.

O carballo de Santa Margarida, na parroquia de Santa María de Mourente, en Pontevedra, sería o derradeiro exemplar que queda dun bosque ancestral ao que as referencias denominan Carballeira dos Gafos ou Carballeira de Lázaro e que algúns autores relacionan cun antigo lucus ou bosque sagrado.

Pero ese ancestral carballo atópase en situación de abandono, segundo denuncia ANOVATERRA que pide a adopción de medidas concretas, como a prohibición da utilización do espacio  da capela no que se atopa como aparcdoiro masivo de vehículos porque “compromete a seguridade” deste carballo centenario.

Esta entidade denunciou en novembro de 2016 o estado de abandono e agresión ao carballo de Santa Margarida, denuncia que se trasladou a diferentes institucións responsables do estado de abandono. Tamen piden que non se instalen  lombos na zona porque supón unha agresión o carballo xa que o colocado frente o carballo provoca que os camións pesados rocen coas gallas da árbore.

Críticas ás institucións

“O concello de Pontevedra nin contestou a nosa solicitude de acceso o expediente e o proxecto anunciado nos medio de comunicación polo concelleiro de turno nin adoptou ningunha medida urxente de protección como deberia ser a prohibición da utilización como aparcadoiro”, critica.

Tampouco o fixo o Ministerio de Cultura, que acusou recibo da denuncia pero negouse  a tramitala baseandose na sua escrita en galego esixindo a sua presentación en castelán. “Isto supón ademais de unha vulneración do dereito linguisticos a negativa a tramitación da denuncia cando pola documentación fotográfica adxuntada é perfectamente comprensible o contido da mesma”, indica nun comunicado.

Carballo de Santa Margarida, en Pontevedra / panoramio.com

Quen si escoitou as protestas foi a Valedora do Pobo que admitiu a tramite a queixa con data 24/11/2016 e con data 4/01/2017 informa da falta de resposta do concello de Pontevedra e da Conselleria de Medio Ambiente.

Por iso, esta entidade anuncia que a seguinte liña de denuncia será acudir so diferentes entidades que concederon premios o concello de Pontevedra para que valoren os feitos de cara a reconsideracion dos premios concedidos.

Proxecto de recuperación

Tras ano resistindo rodeado de piche e asfalto, un proxecto de rehabilitación do concello prevé retirar o formigón que rodea a árbore e a súa contorna.Esta intervención trata de buscar a supervivencia do carballo, cuxa base está rodeada de formigón. A idea é retirar todo este elemento que ameaza ao exemplar para deixar unha espazo de terra duns 21 metros de diámetro. Tamén se busca protexer coa intervención ao outro exemplar que crece preto do centenario carballo, un fillo deste que foi plantado no ano 2002.

A actuación recolle tamén traballar sobre a contorna da capela para retirar o asfaltado, que será substituído por un pavimento diferenciado na estrada que discorre polas inmediacións a fin de diminuír o tráfico. Así mesmo, esta renovación do pavimento busca permitir o uso da contorna da capela a modo de praza pública para as festas ou os encontros dos veciños.

Un carballo máxico

“Santa Margarida/ de Monte Porreiro / que ten o carballo/ maiore do reino”. Esta cantiga popular xa recolle a importancia que ten esta árbore desde tempos inmemoriais. A copra xa foi recollida polo padre Sarmiento e publicada en 1746 na súa obra “Coloquio de 24 Gallegos Rústicos”. Non se sabe exactamente a súa idade pero estímase en torno aos 500 anos.

Este carballo está catalogado no inventario de árbores sobresaíntes de Galicia. Actualmente conta con 15 metros de alto, 12 metros de perímetro basal e 7,9 metros de perímetro troncal ( a 1,3 metros do chan). Actualmente é obxecto de devoción popular. Houbo un tempo recente en que o carballo era vítima do ataque dos fungos e de insectos xilófagos, e mesmo fentos e flores crecían no seu tronco. Hoxe en día conta co coidado e protección das institucións.

Pode que che interese...