fbpx
Cartel da exposición "A Idade do Ferro", no Museo do Pobo Galego

A dura vida do oficio de ferreiro

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá o xoves, ás 19,30 horas, a inauguración da exposición fotográfica realizada por José M. Salgado ‘A Idade de Ferro’.

Dacabalo entre dúas provincias, Lugo e Oviedo, nas concas dos ríos Eo e Navia, “pervive unha comunidade humana, vinculada á labranza do ferro desde tempos remotos”, que sitúan a estes “artesáns do ferro” nos concellos galegos de Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, e nos asturianos dos Oscos, Grandas de Salime e Taramundi.

Segundo explicou a entidade, trátase dun ‘fotoensaio’ realizado polo artista entre 2014 e 2017 sobre o traballo tradicional dos ferreiros. A exposición enmárcase no programa conmemorativo dos 40 anos da creación do Museo do Pobo Galego.

Este fotoensaio trata de ser un retrato fiel no momento actual dunha comunidade homoxénea que permaneceu para moitos galegos e asturianos ignorada.

Pode que che interese...