fbpx
Participantes no 7º Programa Macro do proxecto europeo ITSSOIN, coa preseza de representantes dos museos lucenses / Deputación de Lugo

A innovación social dos museos de Lugo dá o salto a Europa

Tempo de lectura: 2 min.

O modelo de xestión dos 4 museos da Deputación de Lugo foi seleccionado polo proxecto ITSSOIN (Impact of the Third Sector as Social Innovation) por deseñar programas de cohesión social en contextos de cultura dentro do campo da innovación social. O programa, financiado polo Sétimo Programa Marco da Unión Europea para a investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración, propoñerá o modelo da Deputación a institucións relacionadas e interesadas en comprender e aplicar os mesmos instrumentos.

O informe valora especialmente a implicación social, as actividades dirixidas a todo tipo de públicos, sobre todo aos máis vulnerables, a accesibilidade e o dinamismo social. Valorouse así mesmo a creación do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes, as múltiples actividades de museoloxía social que ten programadas a Deputación, e o papel dos museos como epicentros de innovación e cohesión social no contexto da rexeneración dos espazos culturais.

A conferencia de clausura do 7º Programa Macro, na que se debateron os resultados do programa, tivo lugar este luns en Baden-Württemberg, Bruxelas. García Porto subliñou que dende a Deputación se traballa “para que os nosos museos cumpran cun rol social, por iso programamos actividades e exposicións durante todo o ano nas que os veciños son partícipes e protagonistas das nosas coleccións”.

Informe ITSSOIN

ITSSOIN é un proxecto de investigación financiado polo 7º Programa Marco da Unión Europea que implica a un consorcio liderado polo Centro para o Investimento Social da Universidade de Heidelberg, de Alemaña, e composto por once universidades e centros de investigación en nove países europeos. O proxecto analiza para estes países, entre eles España, as seguintes áreas de innovación social: arte e cultura, servizos sociais, saúde, sustentabilidade ambiental, protección do consumidor financeiro, emprego e inclusión social, e desenvolvemento comunitario.

Participan neste proxecto da Unión Europea a Universidade de Heidelberg (Alemaña), a VU University Amsterdam (Holanda), London School of Economics y Política (Reino unido), Universidad Bocconi (Italia), Copenhagen Business School (Dinamarca), ESSEC (Francia), a Universidade Masaryk de Brno (República Checa), o Instituto Holandés para a Investigación Social (Holanda),  a Escola de Economía de Estocolmo (Suecia), a Universidade de A Coruña e a Universidad de Oviedo.

Pode que che interese...