fbpx
Poema de Safo / Los caprichos de Julie Delpy

Que ocultan as elexías milenarias descubertas en Exipto e das que se falará en Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

O grupo de investigación ‘Estudos clásicos e medievais’ da USC desenvolve esta semana en Filoloxía un curso no que se analizarán catro poemas atopados nas areas de Exipto que sobreviviron máis de dous mil anos ata que foron descubertos en escavacións arqueolóxicas.

Dous deses poemas son de Safo, cuxa obra chegou case na súa totalidade só en forma de fragmentos moi deteriorados. Nun deles, «o poema de Titono», deterase na tarde deste mércores 15 a investigadora do CSIC Helena Rodríguez Somolinos, que explicará cómo Safo se compara no texto a ese personaxe, raptado pola deusa Aurora, na medida en que ambos os dous sucumben á vellez. 

No coñecido como «poema dos irmáns», descuberto en 2014, a poeta de Lesbos dá importante información biográfica sobre os seus irmáns Caraxo e Lárico, algo do que falará tamén o mércores Marco Antonio Santamaría, da Universidade de Salamanca.

Os outros dous poemas atopados no deserto son elexías, unha de Arquíloco sobre o tema da fuxida do combate e outra de Simónides sobre a batalla de Platea. Estes dous analizaranos Emilio Suárez de la Torre, da Universidade Pompeu Fabra, e Fernando García Romero, da Complutense, respectivamente.

Pode que che interese...