fbpx
Axudas para restarurar vivendas, libros antigos e roteiros patrimoniais en Santiago | http://elmundodelagestiondocumental.blogspot.com.es/
Biblioteca chea de arquivos catalogados | http://elmundodelagestiondocumental.blogspot.com.es/

Queres saber como foi e como é un Arquivo Histórico?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Arquivo Histórico Universitario da USC celebra unha xornada de portas abertas con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Arquivos o próximo 9 de xuño. A xornada consistirá en dúas visitas guiadas, en quendas de mañá e tarde (11.00 e 17.00 horas), sen necesidade de ningún tipo de rexistro previo.

As visitas comezarán cunha breve introdución sobre a orixe do arquivo, situada nos albores da Idade Moderna, e a súa traxectoria histórica, que discorre paralela á da propia Universidade, ata chegar ás distintas funcións desenvolvidas na actualidade, xa transformado nun arquivo de arquivos en tanto que ao fondo documental universitario se lle foron engadindo co paso do tempo outros tan importantes como o do Concello de Santiago de Compostela, o do Hospital Real, o de Protocolos Notariais o grupo de fondos de Clero así como os xerados por outras institucións, familias e empresas.

Tamén se exhibirá unha mostra de documentación seleccionada pola súa significación, singularidade e curiosidade que incluirá algúns documentos senlleiros e esenciais polo seu contido para a historia da Universidade, da cidade de Santiago de Compostela, e de Galicia, entre eles un dos documentos orixinais galegos máis antigos que hoxe en día se conservan.

Por último, percorreranse as áreas de depósito, normalmente vedadas ao público xeral, e coñecerase o taller de restauración, un dos mellor equipados de Galicia.

Pode que che interese...