Coñece as crenzas e os mitos da Idade Media
Dar a coñecer a sociedade e cultura medievais en todos os seus ámbitos e todo aquilo que legou á posterioridade, facendo fincapé nos campos da literatura, arquitectura, escultura ou outras disciplinas afíns é o obxectivo dun curso de verán que se desenvolverá en Santiago do día 14 ao 16 de xuño.
O curso ‘Retazos da arte e da cultura na Idade Media (IV): historias, crenzas e mitos’ que dirixen David Chao Castro e Mª Dolores Fraga Sampedro inclúe, ademais de relatorios a cargo de especialistas de prestixio, unha visita cultural ao Castelo de Pambre, Santa Eulalia de Bóveda e á cidade de Lugo.
Os interesados teñen este venres para apuntarse.