fbpx
Recreación dunha batalla entre romanos e britanos / arrecaballo.es

Sen noticias do gran Museo da Romanización de Lugo dez anos despois do seu anuncio

Tempo de lectura: 2 min.

O 8 de febreiro cumpriranse 10 anos da sinatura do protocolo entre a Xunta e o Concello de Lugo para crear un Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando e dende entón “o Goberno galego non fixo absolutamente nada” para materializar este proxecto. É a denuncia que fixo este mércores a rexedora de Lugo, Lara Méndez, ao lembrar que o concello xa fixo un “esforzo investidor tremendo” ao destinar 2,4 millóns de fondos municipais para comprar o antigo edificio militar ao Ministerio de Defensa e poñelo a disposición da Administración autonómica co fin de crear o museo.

O Cuartel de San Fernando, Ben de Interese Cultural (BIC) dende o ano 2009, tamén se atopa abandonado e deterirandose día tras día. “A Xunta o único que fixo ata o de agora foi firmar un convenio co Concello para achegar 90.000€ cada administración e poder manter o edificio en pé”, apuntou Méndez sobre como solventar o seu estado ruinoso.

Situación na que se atopa o Cuartel de San Fernando de Lugo / Íñigo Mouzo

Neste sentido, volveu reivindicar a creación do Museo da Romanización e “que se cumpra o compromiso que adquiriu a Xunta como institución”, sinalando neste senso que se hai vontade política, hai capacidade económica. “Con moito menos do 1% de todo o que se dedicou ao Gaiás teríamos en Lugo un Museo da Romanización”, indicou.

O Cuartel de San Fernando foi convertido por moito tempo nun arma arroxadiza entre diferentes administracións e de distintas cores políticas, agudizando co paso do tempo o seu deterioro. As paralizacións, por parte da Xunta, dos proxectos impulsados polo Concello, ameaza con converter o edificio nunha ruína. De feito, Historia de Galicia, xa falou dos proxectos proxectados para este edificio que data de 1749.

Pode que che interese...