fbpx

Unha colección para salvar a memoria de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A editorial Galaxia volve a ser pioneira. O seu obxectivo será unha vez máis salvar a memoria de Galicia, esta vez a través da fotografía. Farao cunha colección de libros centrados nas imaxes históricas recollidas das principais vilas e cidades de Galicia. A Fotografía histórica converterase así na protagonista dunha colección colaborativa en traballo conxunto con Phottic, unha plataforma en liña cun amplo repositorio e arquivo histórico de fotografía galega.

Así, primeiro volume que se publicará nos próximos días céntrase na vila de Carballo, capital da comarca de Bergantiños, e na súa historia entre 1900 e 1980. No libro a partires da importante colección fotográfica comprobarse en detalle a evolución da vila dende preindustrial da entrada no século XX ata a transformación producida polos novos edificios de formigón armado. O, que leva por nome ‘Carballo na memoria’, está coordinado polo historiador Xan Fraga Rodríguez, dentro dun importante proxecto de investigación. A nova a publica Galicia Confidencial

Pode que che interese...