fbpx
Vista de Pena Furada nunha posta de sol / Antón Malde

Pena Furada, a moura e as pedras que cambian co movemento do sol

Tempo de lectura: 3 min.

Este sábado comeza a 3ª edición de Rutas de Historia, o proxecto de turismo patrimonial e histórico impulsado por Historia de Galicia. Este primeiro roteiro descorre pola parroquia de Santa Mariña de Lesa, no concello de Coirós (A Coruña), e ten como especial atractivo a visita a Pena Furada que se atopa nun rebordo rochoso cunhas espectaculares vistas da comarca das Mariñas e A Coruña. A seguir, o traxecto baixa a media pendente até a igrexa de Santa Mariña de Lesa. Os interesad@s aínda poden apuntarse en Rutas de Historia.

Sempre se falou de continuidades e natureza. Aquí, nun mesmo entorno natural localizase un antigo lugar ritual que ten continuidade,posteriormente, en forma de culto a Santa Mariña (na Idade Media). O arqueólogo Antón Malde, pioneiro na escavación e estudo de Pena Furada será o guía deste roteiro e con el falamos sobre os seus segredos.

En 1986 foron descobertas casualmente unha serie de gravuras entre as que destacaba unha cos atributos femininos moi destacados. Como foi esa descuberta?

Foi algo casual, durante un paseo de preparación dunha excursión a Monte do Gato. O percorrido descorría polo río Mendo mais houbo que subir por monte, e, entre os cañotos duns toxos queimados víase unha figura figura feminina  moi característica gravada nas penas. Con mais detenimento puidose comprobar que existían outras gravuras: antropomorfos, escotaduras, pías…

O Moreno, un dos homes máis libres da aldea (o único que quixo falar sobre este lugar), díxome que a figura chámaban A Moura.

Se a pena xa era coñecida como A Moura, supoño que xa había lendas en torno a ela, non?

A Pena Furada era coñecida si, mais como me dixeron anos mais tarde “fora respectada”. Eu penso que pola ascendencia na viciñanza. Un sitio pouco alterado, ao contrario que o seu entorno, máis ben ignorada, viradas ás costas por…  reverencia. Pero lendas poucas. Iso si…Un viciño díxome que me podía reproducir moitas cancións de Manolo Escobar!. E pouco depois fixeron unha pista polo medio para sacar madeira. E ese foi o panorama lendario deste lugar.

En 2011 comezou a primeira gran escavación da zona. Que se descubriu entón?

Fundamentalmente limpouse todo, deuse a coñecer e o lugar foi apropiado de novo pola parroquia.

Para alén da participación da sociedade, da divulgación e da sensibilización (todo fundamental), o que se puido constar era que o lugar esta configurado por pezas arquitectónicas e insculturas ordeadas, que a Moura non era unha unha gravura isolada senón que está nun contexto significativo. Mais faltaba o vello para relatar cal era o significado.

A Moura de Pena Furada / Antón Malde

Efectivamente, e nas vosas investigacións destaca algo que se ten constatado noutros xacementos que é a importancia que teñen os elementos astronómicos en certas gravuras nas pedras. Que pasa exactamente en Pena Furada?

Manuel Gago e Sole Felloza fixeron un experimento ben bonito: fotografar A Moura ao longo do día. Así puidose constatar que a pesar de ser un baixo relevo (ten un espesor de 15 cm.) tan só se deixa ver no medio día. Posteriormenete repetimos o expermento co que denóminamos uns “circos2” e… apareceu un antropomorfo que tan só se manifestaba na tardiña ou no alborear do equinoccio de primavera. Posteriormente, vimos un día o sol entre a terceira porta, e Amigo alertou “é a Candería (Sta. Bríxida) o que chaman noutros lugares Imbolc. Seguindo as indicacións de arqueoastrónomo do CSIC-Padre Sarmiento desenvolvimos un programa de observacións sistemáticas que revelaron a relación das pezas arquitecnónicas e as gravuras con poscións relevantes do Sol.

Podemos dicir que se trataría dun santuario galaico-rupestre?. Que outros hai semellantes en Galicia ou fóra dela?

Faltan máis probas, mais isto non se corresponde nen coa Idade do Bronce, nen muito menos coa Idade Media.

Un pouco máis abaixo, e que tamén se verá neste roteiro, está a igrexa medieval de Santa Mariña de Lesa. Que relación hai entre a moura e Santa Mariña?

A igrexa está no mesmo monte, pouco mais abaixo, creemos que se trata da continuidade do culto en época cristá mais con outra liturxía e noutro tempo cultural e económico.

Pena Furada é, agora, un dos bens máis visitados de Coirós. Tan importante é este monumento na historia do concello?

É un lugar dun grande atractivo, polas gravuras, polo tamaño, as vistas e o entorno natural do val do río Mendo.

Que destacarías do roteiro deste sábado, ademais de Pena Furada?

A posibilidade de poder ver dous lugares rituais íntimamente relacionados (Pena Furada e Lesa) nun entorno natural salientábel e cunhas explicacións rápidas que non propician aborrimento. Ah!  insistir que a visita é moi acaída posto que estaremos a unha semana do equinoccio de outono.

E outras recomendacións para ver na comarca das Mariñas?

Espenuca, Chelo, O Monte do Gato, Betanzos…

Pode que che interese...