fbpx
Edificio histórico en Santiago / Consorcio de Santiago

Axudas para mellorar os edificios históricos de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consorcio de Santiago resolveu a convocatoria de axudas do programa ‘Ter é manter’, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago. Esta subvención abarca as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpintarías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

Das 31 solicitudes presentadas a esta convocatoria, informou o Consorcio, aprobáronse 18, polo que o organismo vai financiar 136.926,55 euros sobre un investimento total prevista neste campo de 360.045,22 euros. A contía da subvención é do 40% do orzamento máximo subvencionable.

Fachada dun edificio histórico no casco vello da cidade / Zona Franca

Os inmobles teñen que presentar condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva. Ademais, teñen que ter unha antigüidade superior ao dez anos e estar destinados a vivenda, como mínimo, os 2/3 da súa superficie útil, excluídas a planta baixa e o soto.

Estas axudas inclúen tamén a asistencia técnica en todo o proceso. Así, pódese solicitar que os técnicos do Consorcio elaboren a documentación técnica necesaria para a realización das obras de pequena entidade, á vez que se encargan da dirección das mesmas e da coordinación de seguridade e saúde.

Pode que che interese...