fbpx
Unha moeda Caetra das guerras cántabras atopada en Lugo / Imperio Nunismático

Sabes onde están as 15.000 pezas arqueolóxicas romanas perdidas de Lugo?

Tempo de lectura: < 1 min.

“A realidade é que, nestes momentos, resulta imposible cuantificar o abundante patrimonio romano do que dispomos porque a Xunta carece dun rexistro actualizado”, asegurou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este luns, pra denunciar que non se coñece o paradoiro de case 15.000 pezas arqueolóxicas propiedade da Administración autonómica.

Así o censurou nun comunicado remitido aos medios, no que explica que estas 15.000 pezas representan “só unha parte dos miles” que “están dispersas” nunha ducia de dependencias non só da administración local, tamén da Deputación, da Xunta e mesmo en domicilios privados de arqueólogos.

A rexedora relatou que desde o ano 1986 e ata aproximadamente 1993, o Concello foi depositario dun conxunto de materiais arqueolóxicos procedentes das escavacións realizadas na cidade, que actualmente se atopan distribuídas en diferentes centros.

“Só neste inmoble temos ao redor de 1.200 caixas con miles de pezas diversas como cerámica, bronces, vidros, moedas, etc.”, asegurou a alcaldesa, que subliñou que se trata de miles de “vestixios romanos” que están repartidos en multitude de centros e tamén en vivendas privadas. Toda a información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...