A Muralla de Lugo entre os 40 monumentos a promocionar pola UNESCO a través do Google Arts and Culture
A muralla de Lugo será un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionará durante este confinamento. A iniciativa enmárcase na campaña #ShareOurHeritage, destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial e dar a coñecer a riqueza patrimonial que recolle a institución.
Este gran recoñecemento -xa que a listaxe recolle máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ó longo de todo o globo-, coincide precisamente o vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade do monumento. A información sobre a muralla de Lugo publicouse ó sexto do proxecto na súa web empregando tecnoloxía do Google Arts and Culture.
Pola súa parte o goberno de Lugo, a través da edil da área de cultura Maite Ferreiro, expresou o seu agradecemento á institución internacional e destacou a importancia deste novo recoñecemento. Segundo ela supón un novo impulso para visibilizar a nivel mundial o noso patrimonio. A campaña, que se está a divulgar de xeito dixital pode visitarse a través deste link.