O CSIC confirma o dano que lle fan a moreas de pedra ó patrimonio e ós ecosistemas
Unha moda popularizada polas redes sociais. Facer moreíñas verticais de pedra -rock balancing- en lugares como areais e pedrullos. Este pequeno xesto derivado da “necesidade” de deixar a pegada na paisaxe pode poñer en gran risco, segundo se publica nun estudo do CSIC, tanto o patrimonio cultural como os ecosistemas.
E que estes milladoiros, que de cando en vez se forman en lugares como o Castro de Baroña ou o Cemiterio Inglés de Camariñas, modifican o o hábitat das especies que usan estas rochas como refuxio ou dependen do microclima. Insectos, musgos, arañas ou lagartos sofren as consecuencias, modificándose tamén a relacións entre cazadores e presas.
Tamén en moitos lugares da nosa xeografía son un importante atentado contra o noso patrimonio cultural, podéndose modificar elementos tan delicados como xacementos arqueolóxicos. O caso máis soado é o do castro de Baroña, onde a colocación de cada pedra estaba pensada en detalle para á defensa do asentamento. Podes ampliar a información no xornal Galicia Confidencial.

Rock Balancing nunha praia de Cerdeña / foto StephanieAlbertCC0