fbpx
Marco da Poldar / foto Colectivo A Rula

Un miliario romano que se empregaba como pedra de fertilidade animal pasará a formar parte do Patrimonio Cultural

Tempo de lectura: < 1 min.

“Contan que levaban as vacas e as bestas ata o marco e rozaban os seus ubres e ventres nel pois existía a crenza de que isto aumentaba as probabilidades de xestación e cría do gando e mesmo aumentaba a produción de leite nas vacas”. Esta é a singular historia de devoción popular que se conta do Marco da Poldra, un miliario romano conservado no Concello de Vedra e que ó longo dos séculos foise convertendo en fonte de devoción popular.

Cóntase tamén que curaba o “mal de ollo” ou o “aire” ós meniños, e que tiña propiedades fronte a doenzas mentais. Así nolo conta o Colectivo A Rula, que acaba de conseguir que a Dirección Xeral de Patrimonio inclúa o monolito dentro do Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia.

O Marco da Poldra é un miliario romano sen inscricións que previsiblemente formaría parte da vía XIX do Itinerario de Antonino. Co tempo e o abandono da vía o miliario iríase convertendo en fonte de devoción popular, atribuíndoselle poderes sandadores e de abundancia. Despois converteuse en pedra de termo, separando ata catro parroquias, así como sinalando a linde dos concellos de Vedra e Teo. Gracias ó colectivo e á colaboración dos veciños hoxe xa conta con protección.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...