fbpx
Casa Carniceiro, de Rafael González Villar / foto proyectopalmera.com

A Casa Carniceiro, do arquitecto González Villar en Oleiros, será derrubada

Tempo de lectura: < 1 min.

A Casa Carniceiro será finalmente derrubada. Así ten que ser, segundo anunciaba o alcalde Ángel García Seoane o pasado venres en Radio Voz. Segundo a visita do arquitecto municipal ó vello chalé ardido o pasado día 16, este non se atopa en condicións de ser conservado e terá que ser derrubado, pois as súas paredes, o único que quedou en pé, teñen graves danos.

O rexedor, que afirmaba tras o incendio que se estaba a negociar cos propietarios a cesión da casa ó Concello, afirmou agora, tras a visita do técnico, que non será posible. Perderase así un dos edificios máis singulares da primeira etapa dun dos arquitectos máis excepcionais da historia da cidade, que levaba en pé máis de cen anos e que fora afogada pola especulación inmobiliaria do último terzo do século XX.

Casa Carnidcero, de Rafael González Villar nunha imaxe histórica durante a súa construción

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...