fbpx
Conxo / foto Turismo de Galicia

Unha mínima promesa para as árbores de Conxo: mantelas ata que sexan prantadas as novas

Tempo de lectura: < 1 min.

As árbores centenarias de Conxo non se retirarán ata que se planten as novas. Esta é a pequena promesa que a Consellería de Infraestruturas fixo nos pasados días sobre o chamado “Obradoiro de Conxo”. Prométese que algunhas delas se trasladarán a outras localizacións próximas ó lugar, así como que a praza terá, de novo, unha zona arborada, como recolle o xornal local El Correo Gallego.

Tras as queixas dos veciños e as máis de 1.500 sinaturas acadadas na plataforma Change.org para salvar estas árbores centenarias, dende a Xunta afírmase que a praza seguirá a ter árbores e que as actuais e centenarias non se poden manter por “cuestións de topografía”. Afírmase que se retiran por non ser compatibles cun proxecto asinado coa aceptación do Concello.

Pode que che interese...