Un historiador atopa novas probas de que as estatuas do Mestre Mateo pasaron ós Franco baixo presión | Historia de Galicia
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago
Dixitalización dunha das pezas do Mestre Mateo / Catedral de Santiago

Un historiador atopa novas probas de que as estatuas do Mestre Mateo pasaron ós Franco baixo presión

Tempo de lectura: 2 min.

A pesares de dúas sentenzas xudiciais favorables á Familia Franco a propiedade dos profetas Abraham e Isaac do Mestre Mateo aínda non está resolta de todo. Pois mentres o Concello de Santiago está a agardar a que se admita ó recurso de casación presentado en xaneiro ante o Tribunal Supremo un investigador acaba de atopar novas de que a Familia Franco conseguira as estatuas baixo presión.

E é que o historiador Francisco Prado-Vilar, atopou nove cartas que poderían probar que as estatuas foron rexistradas ó nome do aquela Xefe do Estado baixo presións. Trataríase de varias comunicación ó redor da Mostra Internacional de Arte Románico celebrada en Santiago no verán de 1961, que constitúe a primeira ocasión na que as dúas estatuas aparecen como propiedade do ditador.

Detalle da exposición no Museo del Prado / Youtube.com Museo del Prado

Nunha das cartas Manuel Chamoso Lamas, máxima autoridade da época en patrimonio, confesa ó comisario da mostra, Joan Ainaud de Lasarte, recibir presións do gobernador civil da Coruña para que figurasen na exposición e incluílas no catálogo, motivo polo que se acabaron incluíndo dúas fotos. E é precisamente neste catálogo cando aparecen como propiedade do Xefe do Estado.

Ademais, noutra carta, tamén de Chamoso, demostrase que as figuras realmente procedían do pazo de Ximonde. Isto desmontaría a primeira sentenza, que ten como un dos seus argumentos non considerar probado tal feito. Ademais, entre outras, atopou unha carta de 1955 de Xosé Filgueira, director del Museo de Pontevedra, insinuando que o Consistorio tomara decisións cuestionables sobre as esculturas. A nova foi recollida polo xornal El País.

Exposición das nove pezas no Pazo de Xelmírez / foto catedraldesantiago.es

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: