fbpx
Remando / foto PrawnyCC0

Así foi 2020: Arquitecturas para protexernos das epidemias, de San Simón a San Roque

Tempo de lectura: 2 min.

Aínda que a Covid-19 colleu o mundo por sorpresa ó certo é que as epidemias foron ó longo da historia da Humanidade unha constante coa que había que convivir. As diferentes epidemias trouxeron dor e morte durante todas as épocas e a todos os lugares do globo, mais tamén avances. As restricións á mobilidade, a distancia e a corentena foron de sempre os métodos máis empregados para protexernos, e para isto a arquitectura ocupou un papel capital.

Un dos primeiros métodos foi, durante séculos, precisamente a creación de murallas ou cercas ó redor das principais cidades e vilas. Xa fora unha muralla de pedra ou un valo de madeira moitas poboacións Trataron de protexerse do xeito máis estrito posible dos perigos que viñan de fóra, incluído o sanitario, ademais de servir de protección física contra os ataques inimigos ou funcións como a xurisdicional e económica.

Mais non foi o único medio pois para deixar extramuros da cidade a ameaza sanitaria. Tamén se construíron estruturas fora das cidades, como hospitais ou simples espazos nos que pasar unha corentena. Estes foron os chamados lazaretos.

Moitos lazaretos foron estruturas na entrada dos portos para evitar problemas cos barcos que chegaban de lonxe, como o Castelo de Santo Antón da Coruña. Pero tamén houbo hospitais para illar e atender ós peregrinos, como foi o caso do Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Neste artigo do mes de abril falamos da tipoloxía, e neste outro falamos de catro dos principais lazaretos de Galicia de diferentes épocas.

Porén, a construción destes edificios non foi a única forma de enfrontarse coa enfermidade. Antes de que a ciencia tratara de enfrontarse e dar respostas os desafíos das enfermidades e mesmo antes de proxectar reformas urbanas e novas construcións para evitar a entrada das infecciosas, un dos métodos para intentar protexerse foi a relixión. Varios foron os santos protectores contra doenzas, máis San Roque foi o gran protector fronte as epidemias. Neste artigo tratamos tamén a súa devoción.

Pode que che interese...