fbpx
Aliñamento de Kerzerho, na Bretaña / Galipedia

Así rescatan un menhir xigante na Bretaña

Tempo de lectura: 2 min.

Está no Prado dos Xigantes. Trátase dun dos menhires de Kerzerho, o segundo aliñamento máis importante da Bretaña despois do de Carnac.

Solen Moreau e Emmanuel Bertrand son os encargados de restaurar este xigante de pedra para evitar que se perda para sempre, xa que está afectado por unha gran fenda que ameaza con rachalo en dous. “Iso non é como unha catedral. Non se pode cambiar a pedra”, asegura mentres traballa para salvar este menhir de 3,50 que está na área de protección da Unesco e que quedou xa moi tocado logo de ser danado por un lóstrego en 1947.

A Dirección Rexional de Asuntos Culturais de Francia (Drac) financia esta operación ao 100 %, cun custe de 10.000 euros.  “É, sen dúbida, a primeira mundial“, destaca Laure d’Hauteville. De feito, especialistas de Stonehenge, de Galicia e da Illa de Pascua seguen con interese a restauración.

O equipo de restauración do menhir de kerzerho, na Bretaña / Ouest-France

Sitio de Kerzerho

Nunha extensión de 2 km hai un conxunto de 1100 menhires de pé e outros 5000 deitados. Hoxe hai case 200 aliñados nunha ducia de filas. É o segundo sitio megalítico bretón máis importante despois de Carnac. As súas configuracións son similares.

Clasificados desde 1862, todos os menhires de Kerzerho datan do período neolítico  (de -5000 a -2000 aC). Segundo algúns investigadores, os menhires de Kerzerho, os máis altos dos cales miden 6 metros de longo e pesan 40 toneladas, foron rodeados orixinalmente cun recinto, formando un “cromlech”. Máis información en ouest-france.

Pode que che interese...