fbpx
Tranvías de A Coruña / foto tranvías de A Coruña

A Coruña podería vender os seus históricos tranvías, algúns deles con máis de 100 anos

Tempo de lectura: 2 min.

Un conxunto de sete tranvías que datan de 1912, 1920, 1925 e 1937. Dous deles son orixinarios da propia cidade e os outros cinco foron mercados a mediados da década de 1990 ás cidades de Lisboa e Porto. Este e o excepcional patrimonio histórico do que o Concello da Coruña podería desprenderse, tras confirmar, o pasado mes de decembro, a desaparición definitiva da súa liña de tranvía turístico.

E é que, tal e como recollen diversos medios galegos e baleares, a empresa Ferrocarril de Sóller de Mallorca estaría interesada en mercar os tranvías que deixarán de usarse na cidade. Aínda que polo de agora non se decidiu a venta, e a Covid-19 tería parado as negociacións, si é certo que a empresa tería manifestado o seu interese ó Concello.

E é que estes tranvías históricos atópanse en desuso nunha cocheira ó pé da Torre dende o ano 2011. No ano 1997 e tras un importante investimento o Concello da Coruña recuperou o servizo de tranvías ó redor do seu recentemente inaugurado Paseo Marítimo. Sería un elemento de dinamización turística entre a Porta Real e As Escravas.

Tranvías de A Coruña / foto tranvías de A Coruña

Porén a crise económica do ano 2008 obrigou a paralizar o servizo. O final do tranvía na cidade certificouse o pasado mes de decembro, tras o remate do contrato de xestión da cocheira e as máquinas pola Compañía de Tranvías da cidade, que tivo que ser indemnizada con preto de medio millón de euros en concepto de gastos.

Dende o Concello encabezado pola socialista Inés Rey anunciouse que o servizo será suprimido  “de forma definitiva á vista da súa consideración como ineficiente e insustentable” e pola “deterioración evidente da instalación” da que xa foron eliminados varios tramos.

Paseo Marítimo da Coruña / foto jaortegaba CC0

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...