A Xunta promete recuperar xunto ó Concello de Mondariz-Balneario a histórica Fonte Troncoso
A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario poderían colaborar na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso. Así o anunciaron o pasado día 28 de decembro nunha visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, á localidade.
Durante a súa visita, o titular de Cultura subliñou o valor patrimonial da Fonte de Troncoso e asegurou que apostar pola súa recuperación “supón tamén pór en valor o legado do arquitecto Antonio Palacios”. No acto participou tamén o alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo.
Tal e como contamos noutro artigo a Fonte Troncoso, o lugar no que naceron as augas de Mondariz, acaba de ser cedido ó Concello de Mondariz-Balneario por decisión xudicial, despois de anos de abandono e que ningunha administración se preocupara polo excepcional ben. Non foi senón despois de entrar na Listaxe Vermella do Patrimonio e tras a intervención da Valedora do Pobo cando o ben, que nin sequera lle constaba á empresa á que pertencía, puido ser rescatada do abandono e cedida ó Concello por orde xudicial.