fbpx
Cabeza de Sabardes recreación virtual, colectivo a Rula

O busto de Sabardes: cando os romanos tamén “colonizaron” a arte dos galaicos

Tempo de lectura: 3 min.

O investigador José Suárez Otero, da USC, publica no Boletín de Estudos Aurienses, un interesane artigo sobre as figuras aparecidas nos castros, nomeadamente, cabezas de supostos guerreiros. No artigo “O busto de Sabardes (Galicia). Cabezas, rostros e imaxes no sopor da Idade do Ferro no Noroeste Hispánico”, destaca que esta peza, atopada polo colectivo A Rula e da que xa demos conta no HdG, presenta trazas que o poñen en relación coa estatuaria que xurde no ámbito de fins da cultura castrexa.

Con todo, Suárez Otero aclara que este tipo de bustos non teñen por que ser exclusivos de Galicia ou dunha suposta “cultura celta”. “Para os que tivesen pretensións de solventar a cuestión apelando a unha suposta etnicidade que transcendese o marco xeográfico que nos movemos, lembrar que as esculturas de cabezas, ben illadas, ben en bustos, como é o caso, non son exclusivas dun ámbito cultural determinado, senón que aparecen na Idade do Ferro ó longo de todo o Mediterráneo e boa parte de Europa, e, sobre todo, teñen unha clara continuidade no ámbito provincial romano”.

Cabeza de Sabardes foto Colectivo A Rula

Por iso cre que se tratan de manifestacións de épocas e culturas diferenciadas que poden ter pouco, ou mesmo nada, que ver entre si, respondendo por outra parte aunha fenomenoloxía que tanto xeográfica, como histórica e tamén antropolóxicamente acada dimensións universais.

Análise do busto

Sobre o busto de a “inspiración romana” xa que torso aparece anatómicamente definido, pero carecendo ó mesmo tempo das compoñentes desa anatomía, o que o fai mero soporte da cabeza.

En relación á expresividade da boca e o seu entorno, apunta que se integraría nun grupo específico de cabezas da plástica castrexa, “xeralmente na súa versión exenta, ben de vulto redondo, caso de Castelinho, ben en relevo, como en Barán, aínda que ningunha cunha lectura fisionómicatan desenrolada e marcada”.

Polo que respecta aos ollos, o investigador sinala que a utilización dunha técnica específica, a talla en bisel, para definir de forma simple esa parte do rostro, “sinala un arte maduro, definido estilísticamentee en función dunha mensaxe fortemente codificada”. “Un expresionismo que achega ó rostro de Sabardes á idea da máscara, movéndonos no eido do simbólico, máis que do real, e remitíndonos na súa reiteración á idea do arquetipo”.

Cabeza de Sabardes recreación virtual, colectivo a Rula

“Cabezas castrexas”

Neste sentido, Suárez Otero cre que o busto de Sabardes puidera formar parte dun grupo iconográfico da plástica galaica baseada no rostro e expresada fundamentalmente polas chamadas “cabezas castrexas”: o “grupo dos rostros cegos”. Por iso o sitúa entre a segunda metade do séc. Ia.C e a primeira do I d.C., sen pechar a porta a unha posible continuidade, dentro xa do galaico-romano, pero tampouco a unha precedencia, aínda que so sexa formativae acadando ós principios do séc. I ou fins do séc. II a.C.

“En todo caso, a confluencia entre un posible carácter indíxena e unha cronoloxía xa de comezos da romanización, cabería entendela, como outros dos elementos da cultura castrexa que aparecen ou se reafirman nese mesmo momento, coma expresións da complexa relación cultural no marco dunha situación colonial e máis de forte inestabilidade propias dos territorios dominados”. Todo o artigo pode consultarse aquí.

Pode que che interese...