fbpx
Rehabilitación do Arquivo histórico de Ourense / foto Ministerio de Cultura y Deporte

Premian a rehabilitación do Arquivo Histórico de Ourense xunto coas cabanas entre as árbores de Outes

Tempo de lectura: 2 min.

Dúas rehabilitacións: un complexo turístico de cabanas de madeira no bosque e un edificio do século XIV. Estes foron as dúas obras galegas que estiveron entre as premiadas neste 2021 polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e que dan conta da excelencia da arquitecturas desenvolvidas no noso territorio.

Complexo turístico de Albeida en Outes, dos arquitectos Alfonso Salgado Suárez y Francisco Liñares Túñez / foto Cabañitas del Bosque

E é que un dos máximos galardóns recaeu no complexo turístico de Albeida, en Outes, na comarca de Noia, dos arquitectos Alfonso Salgado Suárez y Francisco Liñares Túñez. Mentres unha Mención Especial recaeu na rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, realizado polos arquitectos Xosé Manuel Casabella López e José Luís Martínez Raído.

Complexo turístico de Albeida, en Outes / foto CSCAE

O complexo turístico de Albeida foi declarado, xunto coas Directrices de Ordenación do País Vasco, como gañador do premio. Trátase das chamadas “cabaniñas no bosque”, un conxunto localizado no interior dun bosque mixto na ría de Muros e Noia que se ergue sobre o chan en completa harmonía coa natureza. O proxecto inclúe ademais a rehabilitación de tres edificacións tradicionais xunto con nove aloxamentos “que respectan a vexetación do lugar e reforzan a historia do xa edificado”.

Pola súa banda a rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial de Ourense trátase dunha das intervencións máis esixentes ó intervir nun edificio declarado Ben de Interese Cultural e que data do século XIV. Na rehabilitación tivo que facerse unha gran obra de consolidación de todo o existente restaurando elementos singulares de cantería reordenando a sala capitular e restaurando por completo o claustro gótico. O centro social de Cornido, en Carnota, tamén foi destacado polos profesionais.

Rehabilitación do Arquivo histórico de Ourense / foto Ministerio de Cultura y Deporte


Para saber máis: pode consultarse a páxina web do CSCAE para ver os detalles do premio. Tamén se pode consultar a memoria do proxecto do Arquivo de Ourense a través da páxina web do Ministerio de Cultura.


Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...