Descobren con drons 1.200 quilómetros da maior infraestrutura mineira romana coñecida de Europa
A maior infraestrutura da historia da minería coñecida en Europa. Unha rede hidráulica duns 1.200 quilómetros de lonxitude composta por canles e lagoas que se estende polo oeste da provincia de León, no seu linde con Galicia, e hoxe está oculto en gran parte por vexetación.
Este é o importante achado dunha investigación da Universidade de León (ULE), publicada na revista científica ‘Remote Sensing’. O estudo amosa a utilidade de usar drons equipados con cámaras multiespectrais para obter datos sobre estruturas históricas. Trátase, neste caso, da gran rede minería de ouro romana na provincia de León, a maior coñecida en Europa.

Túnel romano en Montefurado / foto Wikimedia
Trátase dun proxecto do Grupo de Investigación en Enxeñaría Xeomática e Cartográfica (GEOINCA), do Campus de Ponferrada da Universidad de León. O proxecto está dirixido polo xeólogo Javier Fernández Lozano e o profesor Enoc Sanz Ablanedo, da Escola Superior e Técnicas de Enxeñeiros de Minas da ULE.
O estudo constitúe unha alternativa á tradicional tecnoloxía láser LiDAR (Light Detection and Ranging) para o cartografiado do terreo. Fronte a este método os investigadores empregaron imaxes multiespectrais, que xa se utilizan na agricultura de precisión, conseguidas con drons.
Gracias a isto foron capaces de identificar o percorrido das canles de auga e lagoas creadas hai 2.000 anos para as actividades mineiras. Tamén aspectos como a variación do ancho das canles, o fluxo hidráulico ou o aproveitamento da morfoloxía do terreo. A nova foi recollida por iLeón.

Dron / kirahoffmannCC0