fbpx
Desfeita no túmulo pola maquinaria forestal / foto Xabier Moure

Estragan unha mámoa e Patrimonio non sanciona porque “non houbo mala fe”

Tempo de lectura: 2 min.

Fai hoxe exactamente un mes o colectivo Patrimonio dos Ancares denunciaba ante o Seprona e Dirección Xeral de Patrimonio graves danos nunha mámoa causados ​​por unha  maquinaria pesada. Foi na necrópole megalítica dos Lagorzos situada entre as parroquias de Cadoalla e O Cereixal, en Becerreá. As máquinas pasaran por riba do túmulo deixando profundas pegadas no xacemento.

A agresión patrimonial tería acontecido entre os días 1 e 2 de febreiro, tan só un día despois de que membros de Patrimonio dos Ancares pasaran polo lugar. Foron despois alertados por un veciño. “Todo apunta a que o ataque foi causado por unha máquina na corta de piñeiros nas inmediacións, algo que seguramente poderá descubrir ou Seprona”, aseguraba o noso colaborador Xabier Moure.

A carta da vergoña

E efectivamente así foron os feitos. Pois, preto dun mes despois, o colectivo recibiu resposta da Dirección Xeral de Patrimonio, trala inspección do lugar e a revisión dos feitos. Mais o contido da carta resultou ser absolutamente sorprendente. Pois, tal e como se recolle na notificación, á Dirección Xeral procedeu “ó peche do expediente” sen impor polos feitos ningunha sanción.

Desfeita no túmulo pola maquinaria forestal / foto Xabier Moure

Pois na carta afírmase que efectivamente técnicos de Patrimonio comprobaran que “hai sinais recentes do paso de maquinaria por riba da medorra”, mais este paso “afectaría só á capa vexetal, sen ocasionar danos ó ben”, afirman. Dise tamén que a corta “ten autorización desta Concellería”, a pesar de estar na área de protección do xacemento.

Mais os motivos que a Dirección Xeral dá para o peche do  expediente son aínda máis insólitos. Pois afírmase que “a empresa admitiu que foi a súa maquinaria a que pasou por riba do túmulo”. E, por se non fora abondo, afírmase tamén que “que non foi de mala fe” senón que que pasaron por riba do túmulo para evitar unha manobra perigosa.

Para rematar a carta da Dirección Xeral xustifica o feito en  que “a empresa descoñecía a existencia do xacemento, ó non estar sinalizado fisicamente”. E é que “cando se solicita permiso para facer unha tala, por exemplo, a Administración indícalle se na zona hai bens patrimoniais e onde se atopan?”, reflexionaba Xabier Moure. “Pola resposta parece que non”.

Detalle da carta remitida pola Dirección Xeral de Patrimonio / foto Xabier Moure

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: