Por que o Valle-Inclán de Santiago viste bufanda vermella?
O pasado venres 5 de marzo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto con varios edís, os voceiros de Compostela Aberta, BNG, e PP, asistiron ó acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, no Paseo dos Leóns da Alameda de Santiago de Compostela.
O acto de colocación foi organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. O acto desenvolve todos os anos, dende 2007, no paseo e a el asisten membros de todas as cores políticas da corporación, así como de outras institucións e museos.
O curioso acto faise para establecer, a xeito de irmandamento, unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, o Día do Teatro. No caso galego conmemórase o regreso real e simbólico do escritor a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe, onde ficaría ata a súa morte. Todos os asistentes leron distintos fragmentos da obra do xenial dramaturgo.