fbpx
Petróglifo atopado no Monte Xiabre / Umiavivo

Localizado un petróglifo inédito no monte Xiabre que a piques estivo de ser esnaquizado nunha plantación de piñeiros

Tempo de lectura: < 1 min.

Xesús Rodríguez, presidente de Umiavivo dá contra da localización dun petroglifo inédito no monte Xiabre en terreos do monte vecinal da parroquia de Bemil, termo municipal de Caldas de Reis. “Resulta ser un exemplar singular e orixinal pola tipoloxia e variedade dos gravados como coviñas, circulos, liñas radiais partindo de un punto aprobeitando a curvatura da pedra, unha serie de trazos entrelazadas formando un conglomerado”, apuntan nun comunicado.

Este tipo de deseños e motivos son diferentes dos observados noutros petroglifos do monte Xiabre como a laxe dos bolos situado na monte da parroquia de Saiar ou os numerosos exemplares de laxes con gravados situados no monte veciñal da parroquia de Cea (Vilagarcia) totalment cubertos polo toxo.

O petróglifo esta situado perto dun dos 6 Lugares de Interese Paisaxistico (LEIP) do monte Xiabre que foron incluidos no Cataloga da Paisaxe no ano 2016 . “O petróglifo en cuestión está situado sobre un outeiro dunha parcela recentemente plantada de piñeiros  e librouse de ser arrasado de casualidade …meteron a maquinaria pesada sobre o outeiro no que se situa a laxe con gravados, trituraron pedras, desplazaron outras,  fixeron buratos sobre o outeiro…deixaron marcada polas maquinas a pedra contigua na que se aprecia algunha coviña”, denuncia.

Do achado desta laxe con gravados deu xa conta á Direccion Xeral de Patrimonio solicitando a sua identificación e restauracion do entorno degradado, ao SEPRONA e á unidade de patrimonio da Policia Autonomica.

Pode que che interese...