fbpx
Mosteiro de Santa María de Penamaior, en Becerreá / http://www.xoanarcodavella.com/

Venden un mosteiro do século XV polo prezo dun piso e ningunha administración se interesa por el

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre 200.000 e 250.000 euros, un prezo semellante ó que podería ter un piso nunha das nosas cidades ou unha casa no extrarradio. Este é o prezo que un veciño de Lugo pagará pola compra dun mosteiro cisterciense situado na montaña de Lugo, na localidade lucense de Becerreá: Santa María de Penamaior.

Trátase dun edificio do século XV que forma parte dun conxunto patrimonial declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Del, a súa parroquial, non incluída na venta, dataría do século XII, aínda que as súas orixes máis remotas remontaríanse ó século X.

Antigo clauso do mosteiro de Santa María de Pena Maior

O mosteiro obxecto da compra e a súa parcela teñen unha superficie de 40.000 metros cadrados, dous andares, un claustro e horta. Unha vivenda de 248 metros cadrados, un muíño de auga de dúas moas e 86 metros cadrados e escudo na fachada. Porén o comprador terá que facer fronte a unha necesaria rehabilitación.

Chama a atención, porén, que ningunha das administracións competentes amosara a súa intención de mercar do inmoble. Pois ó ser Ben de Interese Cultural, segundo a Lei 5/16 de 4 de maio de Patrimonio Cultural de Galicia, as administracións poden exercer o seu dereito de tanteo e retracto, ou o que é o mesmo, mercalo polo mesmo prezo de compra final. Ata o de agora ningunha manifestou a súa intención.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: