fbpx
Xardíns do Pazo de Meirás / foto Concello de Sada

Queres visitar, despois de case 80 anos, os xardíns dun pazo de Meirás xa de todos?

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado domingo día 4 abríanse por fin as portas do Pazo de Meirás para que a cidadanía poda pasear polos xardíns dun pazo que, despois de case oitenta anos, volve ser patrimonio de todos. Foi nunha visita guiada de aproximadamente hora e media de duración que percorre gran parte dos 93.000 metros cadrados dos xardíns do pazo, que alberga, ademais, auténticas xoias.

Mais, aínda que os xardíns do pazo abrían oficialmente o pasado día 1, os primeiros 3 días as visitas estiveron reservados para ás colectivos e entidades galegas de memoria histórica, organizadas coa colaboración da Asociación Irmáns Suárez Picallo. Trátase polo de agora de visitas limitadas ó xardín, ata o acondicionamento do edificio.

Unha das moitas fontes que decoran os xardíns do pazo / foto Loischantada CC-BY Wikimedia

Na visita ofrecerase unha explicación xeral acerca da orixe e evolución da finca, cos dous momentos importantes, época de Pardo Bazán coa construción das torres e, a partir de 1938, como uso de residencia de verán de Franco; as fachadas principais das Torres, o hall, a capela, a Granxa de Meirás, e o resto do percorrido polos xardíns.

Tamén poderá verse elementos como o cocotero de Chile, árbore senlleira, o bosque de bambúes, o paseo dos magnolios, ata chega á casa de Xosefa Portela. A visita guiada remata no Monolito conmemorativo da visita dos Reis en 1927, para despois ter uns minutos de percorrido libre.

Portada e escudo decorando o xardín / foto Loischantada CC-BY Wikimedia

As visitas guidas realizaranse en grupos de 20 persoas como máximo previa reserva a través do correo electrónico ou do teléfono do Concello de Sada, este último coa extensión 264. O horario provisional para o verán é de martes a domingos. Martes, mércores e xoves polas tardes de 16 a 18 e de 18 a 20h; venres e sábados todo día con 4 pases (de 10 a 12, de 12 a 14, de 16 a 18 e de 18 a 20h), e os domingos só mañás, de 10 a 12 e de 12 a 14h.

Desde o Concello de Sada advírtese que se cumprirán todas ás medidas relacionadas co Covid 19, recomendando ademais o uso de calzado cómodo. Polo de agora as visitas non están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Dende o Concello avísase ademais de que a organización poderá cancelar as visitas por causas meteorolóxicas ou administrativas, previo aviso.

Entrada do Pazo de Meirás / foto Ird Ge CCBy Wikimedia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: