fbpx
Mapa xeofísica de Borna Grande, en Tabagón, no Rosal, probablemente a mina subterránea máis grande de Galicia / Óscar Pazos

Atopada a que pode ser a mina romana subterránea máis grande de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Por Óscar Pazos, xeólogo e investigador

A minaría galaico-romana da zona de Tabagón-O Rosal é ben coñecida dende hai décadas. Porén, as limpezas dos últimos meses feitas pola Comunidade de Montes de san Miguel de Tabagón e Pías nos seus montes foron deixando ao descuberto varios pozos semi-esquecidos, ocultos ou atuidos que os comuneiros foron marcando, e a principios de verán descubriron varios dos principais foxos mineiros da Borna Grande como había anos que non se miraban, o que permitiu facer unha exploración do seu interior mediante xeofísica de resistividade e ampliar o coñecemento sobre esta mina, confirmando labouras subterráneas que alcanzan, canto menos, os 25-30 metros baixo a superficie. E deste xeito xa podemos dicir que neste momento a de Tabagón é a mina subterránea máis grande coñecida en Galicia, onde o clima máis chuvioso e o mato dificultan a conservación e a exploración de covas mineriras.

Imaxe tomográfica de Borna Grande, onde se pode apreciar a minería subterránea romana / Óscar Pazos

A mina da Borna Grande en Tabagón sitúase nas mesmas capas xeolóxicas que a gran mina galaico-romana de Valongo, preto de Porto, que hoxe é a meirande mina subterránea de oro coñecida do Imperio romano, con pozos que acadan os 80 metros de fondura. En Tabagón, foxos e galerías discurren en dirección N-S, seguindo a esquistosidade, e atópanse na zona de contacto entre os chamados esquistos de Monteferro e a Formación Valongo, en referencia precisamente á localidade portuguesa onde está capa definida pola súa riquza en fósiles de trilobites e graptolites, desfeitos en Tabagón polo máis intenso metamorfismo.

Lugar onde se situarían as galerías mineiras de Borna Grande, en Tabagón, probablemente a mina romana subterránea máis grande de Galicia / Óscar Pazos

A confirmación das labouras subterráneas en Tabagón non so amplía o coñecemento que tiñamos desta mina, permite reinterpretar outros restos mineiros galaico-romanos coñecidos na Groba, tidos na altura por superficiais máis que moi probablemente agochan traballos subterráneos.

Lugar onde se situarían as galerías mineiras de Borna Grande, en Tabagón, probablemente a mina romana subterránea máis grande de Galicia / Óscar Pazos

Pode que che interese...