Redescuberto un altar de pedra en Culleredo

Detalle das escadas da pía de Vinseira Grande, en Culleredo / FB Bregua Culleredo
Estes altares rupestres son a orixe de multitude de capelas, igrexas, templos e mosteiros galegos. É o caso por exemplo da igrexa mozárabe de San Miguel de Celanova erixida a escasos metros da súa pía rupestre que remata nun lacus triangular.
Un altar similar é a do Pilón de Mougá, en Oia, tamén co seu respectivo lacus ou burgario cuadrato e que sería parello tamén ao perdido de Panoias e ao altar rupestre de Paderne, Betanzos.
Sobre este tipo de pías deixaron escrito Murgía, Cuevillas e Da Sepra Pinto no Anuario Brigantino:
“[…] As penedas con corgos naturales ou artificiales ou con pías e tanques abertos indudablemente pola man do home […], existe no Coto da Recadieira, lugar notable pol-os numerosos achádegos de obxetos áureos que n-il tiveron lugar, un penedo con corgo e canle […] que as penas dos xigantes a que denantes aludimos [en Culleredo perto de A Coruña] presentan buratos de xeito circular, <<hechos a pico y que se corresponden por medio de canales>>; que na pena das anduriñas, en San Estebo de Barcia, Lalín había corgos cobertos por laxes de tan grande tamaño, que custou moito maquialas; que en Logrosa, Negreira, alcóntrase outro penedo con tres buratos en forma de furil e dispostos en linea recta, que ao parecer estiveron tambén cobertos por unha laxe e derradeiramente que no Val de Vez, Miño e na citania das Laxes das Chás, Oimbra, vense penedos que ostentan pias rectangulares coidadosamente labradas pola man do home“.

Escadas da pía de Vinseira Grande, en Culleredo / FB Bregua Culleredo