fbpx
Plácido Castro / IGADI

1933, cando Galicia foi considerada unha nación en Europa

Tempo de lectura: 2 min.

No medievo, Galicia era recoñecida coma un Reino. Reino que mantivo monimalmente durante a época moderna pero case de xeito testemuñal. Por iso, durante o nacemento do galeguismo a comezos do XX, non foron poucos os intelectuais e políticos que lembraban ese pasado de reino independente de Galicia para obter un estatus diferente dentro do Estado español. E así foi. En 1933, no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (organismo adxunto á Sociedade de Nacións), Plácido Castro conseguiu a consideración de Galicia como nación, un éxito político para os galeguistas que estaban loitando polo Estatuto de Autonomía na II República.

Plácido Castro foi un escritor, xornalista, tradutor e político nacido en Corcubión no ano 1902. De orixe burgués, o pai traballou como empresario de minas, de fornecementos de carbón aos barcos, exportador de lagostas, banqueiro e armador. Esta posición económica permitiulle facer os seus estudos en Glasgow. Máis tarde, trasladaríase a Londres, onde comezaría a escribir para xornais galegos.

Integrantes do Partido Galeguista, entre eles, Alexandre Bóveda, Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte ou Plácido Castro en 1932

Integrantes do Partido Galeguista, entre eles, Alexandre Bóveda, Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte ou Plácido Castro en 1932

Así formouse Plácido Castro, quen destacaría polo seu pensamiento liberal, progresista e galeguista. A saudade e o celtismo son os conceptos identitarios que máis o representaban. Ademais, esta estadía en terras británicas permitiulle traducir ao galego literatura inglesa.

Sería no 1930 cando volvería a Galicia para ser partícipe dos movementos galeguistas da época. Colaborou con Irmandades da Fala e chegou a ser secretario de Relacións Internacionais da executiva do Partido Galeguista.

GOLPE DE ESTADO FRANQUISTA

Nos primeiros meses da Guerra Civil foi detido na casa dun familiares en Muxía e condeado a inhabilitación e desterro. Instalouse en Vigo, mais rapidamente mudouse a Estoril e ao Reino Unido, onde traballaría como locutor-redactor da BBC onde fixo a primeira emisión radiofónica en lingua galega, “Galician Programme”.

Como sinala o Circulo de Artesáns no seu post de Facebook, cando acabou a inhabilitación e por circunstancias económicas retornou á Galiza, establecendo a súa residencia en Cambados e obtendo praza como profesor de inglés no Instituto Laboral de Vilagarcía de Arousa.

Pode que che interese...