fbpx
Estruturas de madeira para a contrución dun miradoiro en Penedos do Castro

Constrúen un miradoiro no medio dun xacemento arqueolóxico da Ribeira Sacra

Tempo de lectura: < 1 min.

A Ribeira Sacra é un dos lugares máis prezados de toda Galicia, tanto pola súa paisaxe natural como polo seu patrimonio histórico. Este amplo territorio que separa as provincias de Lugo e Ourense conta cunha gran cantidade de miradoiros naturais. Penedos do Castro, co seu xacemento arqueolóxico datado do século IV a.C. era un deles, polo menos ata o de agora.

Na actualidade, xa están colocadas as estruturas para unha construción de madeira que terá funcións de miradoiro. A súa localización próxima á muralla e á incrición medieval. fixo que o colectivo Salvemos ás Arbores denuncie que se trata dun “atentado contra un dos valores arqueolóxicos e históricos da Ribeira Sacra“. Esta acción foi apoiada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín. De feito, ambas institucións organizan unha visita guiada o día 13 de febreiro.

Penedos de Castro é un miradoiro privilexiado da Ribeira Sacra grazas a unha das mellores vistas do mosteiro de Santo Estevo, senón a mellor. Ademais, dende este lugar histórico situado a máis de 600 metros de altura, tamén se pode observar as unións do val do Río Sil co do Río Cabe.

A historia de Penedos de Castro remóntase á Idade de Ferro, concretamente ao século IV a.C., cando foi habitado por castrexos. Nos restos arqueolóxicos estudados fai máis de 20 anos non se atoparon evidencias da romanización, mais si da súa reocupamento na Alta Idade Media. A inscrición que se atopa no alto do xacemento podemos distinguir que o lugar foi habitado por un duque do rei visigodo Leovixildo.

Pode que che interese...