fbpx
Situación de abandono do Dolmen de Zarramacedo / Andrés Señarís Cerqueiro vía Facebook

O dolmen de Zarramacedo, unha tumba da Idade do Bronce escangallada polos eucaliptos

Tempo de lectura: < 1 min.

Os arredores de Santiago de Compostela contan cunha gran cantidade de reliquias prehistóricas. Entre elas, atópase o dolmen de Zarramacedo, na zona do Bando. Este túmulo megalítico datado na Idade de Bronce atópase nunha situación de abandono preocupante.

Este patrimonio de orixe prehistórica está situado no medio dunha plantación de eucaliptos dende o ano 2014. Estas condicións fan que se atope cheo de maleza e silvas, como denuncia este amante da arqueoloxía en Facebook.

Situación de abandono do Dolmen de Zarramacedo / Andrés Señarís Cerqueiro vía Facebook

DESCRIPCIÓN

O dolmen conserva actualmente oito dos nove esteos que o conformaron. A planta é de cámara poligonal, cunha lixeira tendencia elíptica. A base conta con 1,85 metros de longo en dirección leste-oeste. Pola súa contra, a transversal conta cun tamaño de 1,55 metros. A altura da cámara no treito actualmente visible oscila entre 0,70 e 1,20 metros.

Pode que che interese...