fbpx
Grabado rupestre de Labanquiños / Colectivo A Rula

Redescubren paneis de petróglifos descubertos por un alcalde e ocultos durante 74 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Fai máis de dez anos, o Colectivo A Rula, en colaboración co historiador Xoán Guitián Riveira, identificaron nun monte da parroquia de San Cristovo de Tapia (Ames) gravados prehistóricos que estiveron ocultos durante 74 anos. Agora, danse a coñecer grazas a un libro publicado por esta asociación e que cataloga esta estación de arte rupestre.

Estes gravados prehistóricos que foron descubertos polo alcalde de Ames entre 1930 e 1936, Óscar Lojo-Batalla Sampedro, consta de tres paneis que foron investigados en 1948 polo arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo Ruza.

OS PANEIS

No primeiro panel hai dúas combinacións de círculos concéntricos. A que está mellor conservada ten 40 centímetros de diámetro e presenta cinco aneis, os dous últimos incompletos, e cun par de surcos de saída que parten da cavidade central, como indica La Voz de Galicia.

No segundo panel figuran unhas 40 cavidades e cazoletas de diversos tamaños. As máis grandes teñen 12 centímetros de diámetro por catro de profundidade. O conxunto concéntrase na parte superior da pantalla pétrea e algunhas están unidas entre elas por surcos.

O terceiro panel conserva un círculo con cavidades redondas no interior que se acomoda á protuberancia da roca. Ademais, hai que engadir unha combinación redonda formada por dous aros, pero moi deteriorada. Estes motivos son case imperceptibles con luz diúrna, segundo explica o informe do Colectivo A Rula, polo que é necesario utilizar luz artificial para percibilos. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...