fbpx
Escola de nenas no século XIX / Arquivo Luís Lamela

“A muller que descoñece as súas obligacións causa sempre a ruína da casa”… O que aprendían as nenas no séxulo XX

Tempo de lectura: < 1 min.

Ata os anos 70 do século XX, o ensino das mulleres era relevado a un papel totalmente secundario. Poucas tiñan a sorte de ir á escola e menos aínda ás universidades. Isto foi unha realidade a pesar que no 1857, a través da Lei Moyano, o ensino feminino era obrigatorio.

Aínda así, esta lei reservaba para os nenos certos temas como a industria, o comercio ou a xeometría. Como recolle nesta publicación en Facebook Arquivo de Galicia, os temas que se gardaban en exclusiva para as nenas tiñan que ver coas labores domésticas.

Na biblioteca de Ramón Bustelo, hai un libro titulado La Niña Instruída que recolle o que deben aprender as nenas galegas. Este escrito admite que é necesario para elas aprender a ler e escribir, pero describe que é “aínda máis necesario” que sexan “previsoras e ordeadas”, que amen a “limpeza e o traballo”, basicamente que adquiran, nas súas palabras, “os coñecementos indispensables para o bo goberno interior dunha casa”.

Na mesma liña, apunta que foi Deus quen confiou ao home a misión de traballar para “atender ás necesidades da familia”. Por outra banda, comenta que “a muller que non sabe facer nada, a que descoñece as súas obrigas, causa sempre a miseria da súa casa e a desgraza e miseria da súa familia”.

Pode que che interese...