fbpx

O “Douro Vinhateiro”, o patrimonio da humanidade construído por galegos

Tempo de lectura: < 1 min.

Durante dous séculos, ata o inicio do s. XX., foron moitos os galegos que se desprazaron á zona do Douro portugués para traballar na construción das viñas que hoxe crean a paisaxe da zona. Levantar muros, crear os socalcos e plantar as viñas foron as tarefas que levaron a cabo estes galegos. A día de hoxe, este territorio está recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO.

O pasado da rexión permite que se poida relacionar o famoso viño do Porto con Galicia, pois o traballo galego permitiu que a día de hoxe se poda falar da rexión vitícola do Alto Douro.

Esta historia é a que quere poñer en valor o documental “Galegos d’ouro”, unha copordución da RTP Portuguesa e a TVG, co apoio da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N). Esta peza audiovisual reconstrúe a vida dos galegos durante eses dous séculos.

A vila portuguesa da Régua acolleu a presentación do documental “Galegos d’ouro” o pasado 18 de abril. O acto, que se enmarcou na conmemoración dos 20 anos do Alto Douro Vinhateiro (ADV) Patrimonio Mundial da UNESCO, fixo unha homenaxe aos galegos que acudiron á rexión para construír o “Douro Vinhateiro”.

A produtora Arminda Deusdado afirmou que o documental ten como obxectivo “dar a conhecer a comunidade galega que fez uma coisa única, que é um património da humanidade”. Máis información en A Voz de Trás os Montes.

Pode que che interese...