fbpx
Tesouro de Caldas / foto Lameiro CCBy Wikipedia

O Courel xa ten o seu gran museo sobre o ouro romano

Tempo de lectura: < 1 min.

O Centro de Interpretación da Minaría Aurífera de Ribas de Sil (CIMAR) é un paso máis para a posta en valor a minaría romana do Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Este novo museo, inaugurado o pasado 4 de xuño, dáse por finalizado, despois que as súas obras, comezadas no 2019, se visen interrompidas pola pandemia. O museo, cuxa construción rematou no 2020, abre agora as súas portas ao público.

O centro está composto por tres salas na planta baixa, nas que se poderán observar paneis e maquetas, mentres que o segundo está dedicado a contidos audiovisuais e dispón dun espazo para realizar actividades divulgativas. O museo estará xestionado polo concello mentres non se proceda á súa adxudicación.

A inauguración deste novo espazo súmase á oferta museística da contorna, onde a día de hoxe se atopan o Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel, e os Museos Xeolóxico e Etnográfico en Quiroga.

Os alcaldes dos tres concellos que conforman o Xeoparque Montañas do Courel (Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil) estiveron presentes no acto que se celebrou o pasado 4 de xuño ás 19:00h, ao que tamén asistiron representantes da Xunta e da Deputación de Lugo.

“Este conxunto é unha proposta diferente que permite impulsar un turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que dinamiza a economía e o emprego, sobre todo no rural”, destacou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Máis información no Xornal de Lemos.

Pode que che interese...