(Vídeo) Así era Vigo no 1968, cando os tranvías aínda ocupaban as súas avenidas
Como era Vigo fai 50 anos? Agora é posible sabelo grazas á recreación que o especialista en 3D Benito Montenegro vén de publicar na súa canle de YouTube. Ao longo dun vídeo de case 9 minutos de duración, podemos percorrer as rúas de Vigo para imaxinar mellor o seu pasado, comparando imaxes actuais coas recreacións.
Poñendo o foco en Praza América, cuxa nova praza se estreou no 2019, vemos o entorno do lugar, como Camelias, Florida, Avenida Castelao ou Gran Vía, constatando tamén a gran presenza de tranvías que recorrían a cidade olívica. Medios de transporte, o asfaltado das rúas, as características dos edificios evidencian un gran cambio na cidade.
Dende as diferentes rúas, así como en distintos contextos, o espectador poderá trasladarse ao 1968, ven dentro dun tranvía, un día de choiva ou incluso de noite, cando os tranvías se retiraban en fila ata o día seguinte.
“O 31 de decembro de 1968, a medianoite, os tranvías de Vigo retiráronse para sempre, despois de soamente 54 anos de servizo (1914-1968). Poñíase din así a un símbolo emblemático da cidade que, aínda a día de hoxe, moitos vigueses seguimos recordando e botando en falta”, explícase na reportaxe. Dende entón, os cambios da cidade foron moi evidentes.