fbpx

A Azucreira de Portas, outro gran fracaso tras a perda de Cuba, Porto Rico e Filipinas

Tempo de lectura: 2 min.

Era o verán de 1899 cando entre os veciños de Portas corría a noticia de que se necesitaba man de obra para a construción dunha fábrica. O final do s. XIX estaba marcado por unha depresión económica, pero tamén moral ante a perda de Cuba, Porto Rico e Filipinas só un ano antes. Por iso, para a localidade, o anuncio de crear unha gran fábrica azucreira na localidade foi un motivo de esperanza.

“Admítense toda clase de traballadores para a construción dos edificios da fábrica, en cuxas obras haberá traballo para un ano, cando menos”, divulgaba o xornal La Voz de Galicia en xuño de 1899, como recollen nun artigo 123 anos despois.

O optimismo e as esperanzas de futuro tamén quedaron plasmadas nas páxinas do diario, cando en maio de 1900 anunciaba o comezo das obras: “Deron principio os traballos de escavación para a apertura de zanxas dos cimentos e canal de desaugue da fábrica Azucarera Gallega, que se establece nesta vila, nas inmediacións da estación de ferrocarril”. Foi en outubro de 1900 cando a fábrica quedaba inaugurada, salientando no complexo unha gran cheminea que non só sorprendeu aos veciños de principio de século, se non que se converteu nun símbolo da vila.

Porén, só pasaron tres anos dende a grandiosa inauguración ata o peche do complexo industrial, que cerrou as súas portas no 1903. O cultivo da remolacha era un dos problemas: a falta de tradición deste tipo de produción e a proliferación de azucreiras en toda Galicia fixeron que non fose suficiente a existencia deste produto. Tamén fracasaron os intentos por conseguir que os agricultores cultivasen remolacha, creándose incluso unha cartilla práctica con consellos para facelo. Tampouco tiveron en conta, entre outras cousas, as condicións climáticas de Galicia.

“A comisión directiva desta sociedade convoa aos señores aacionistas a xunta xxeneral extraordinaria, que se celebrará o día 15 de corrente, ás tres da tarde (horaoficial) nas súas oficinas de Riego de Agua 12, principal, para dar conta do traspado da fábrica á Sociedade Xeral Azucreira de España e tratar a liquidación da sociedade”. Así se publicaba o 6 de decembro de 1903 na Voz de Galicia, o que significou o peche da fábrica e o fin, para moitos, dunhas expectativas de futuro frustradas. Artigo completo en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...