fbpx

O Ateneo de Nigrán pide ao Bispado que retire os elementos franquistas presentes nas igrexas do municipio

Tempo de lectura: < 1 min.

Os exteriores das igrexas do Concello de Nigrán aínda conservan elementos franquistas, como símbolos fascistas ou inscricións co nome do dirixente José Antonio Primo de Rivera. É por iso que dende Lucenza-Ateneo de Nigrán piden que se retira a simboloxía presente nas igrexas parroquias do municipio, e fano enviando unha carta ao Bispo de Tui, Luis Quinteiro Fiuza.

Coincidindo co aniversario do golpe militar do 18 de xullo de 1938, dende Lucenza volven poñer o foco sobre estas construcións relixiosas, recordando que no 2014  Corporación municipal de Nigrán xa considerara oportuno solicitar á Diócese de Tui-Vigo o cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Porén, critican que durante oito anos non se producise ningún  cambio.

Referencias aos “caídos na Cruzada de 1936 a 1939” ou ao “Ano da vitoria” son algúns dos símbolos que, xunto co xugo e as frechas supoñen un enaltecemento do bando franquista, algo que non toleran dende o Ateneo de Nigrán. Por iso, piden o compromiso e a cooperación para que toda esta simboloxía sexa retirada e fan un chamamento ao Concello de Nigrán para que realice todas as xestións co Bispado para que esta demanda se faga realidade.

Para iso é preciso unha elaboración de proxectos de intervención, un plan de financiamento dos traballos, a obtención das autorizacións e os informes de patrimonio necesarios, entre outros pasos.

Dende Lucenza-Ateneo de Nigrán recordan que estes elementos son contrarios á memoria democrática, e que a súa presenza en espazos públicos como igrexas, polo que supoñen un agravio ás vítimas da represión franquista na comarca. Máis información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...