fbpx

Vilacoba, o val no que se esconden antigas fábricas de papel

Tempo de lectura: 2 min.

Agochadas entre a vexetación, pódense atopar 7 antigas fábricas de papel, que a día de hoxe están abandonas nos municipios de Lousame e Noia. O val de Vilacoba é o principal escenario no que atopar estas construcións, pois nel atópanse as ruínas de ata cinco fábricas, que na súa época subministraron toneladas de papel. Seguindo unha ruta circular de sendeirismo entre Lousame e Noia, que suma dúas plantas máis, pódense atopar estas construcións ao longo de vinte e un quilómetros.

O catedrático Alonso Álvarez relaciona a abundante presenza de fábricas de papel na zona coa expansión da fábrica de Tabacos da Coruña, que requiría abundantes cantidades de papel para levar a cabo as súas producións, así como para o envasado destas.

A primeira delas é a planta de Brandia, construída en 1810 por Peregrino Riva. A súa produción foi moi importante, pois cubría 23 veces a superficie de Galicia, mais a súa actividade cesou cando se traspasou a actividade a Vidán, en Santiago. Así, dende os anos 80, a fábrica atópase abandonada.

No mesmo estado se atopaba a fábrica da aldea do Castro, coñecida como Fontán, construída no mesmo ano que a de Brandia por unha sociedade á que pertencía o matemático domingo Fontán, quen lle dá nome á planta. Chama a atención a gran cantidade de xanelas que rodean as paredes da construción.

Se se segue a ruta, atópase a fábrica da Galiñeira, na aldea de Cerquides, unha cosntrución de dúas plantas, con soportais e unha balconada na planta superior. Pola súa banda, á fábrica de Soutorredondo, a seguinte da ruta, non se pode acceder.

A planta de San xusto, na aldea de Toxosoutos, a de Maceiriñas e a Alvariza súmanse ás mencioandas. Estas dúas últimas pertencen ao municipio de Noia. A Alvariza tamén é coñecida como a fábrica de Barro ou de Labarta,  e dela sábese que pertenceu á familia noiesa Labarta Aguín. Máis información en El Correo Gallego.

Pode que che interese...