fbpx
unha familia de labregos canda aos seus animais preparados para iren ao millo / Ponte nas Ondas

O ferrado, unha medida tradicional que ten preto de 40 valores diferentes

Tempo de lectura: < 1 min.

Dende as 144 varas cadradas ata as 4.590 varas son valores para referirse a un mesmo termo: o ferrado. Ata 31 veces é a diferenza que poden alcanzar estes dous ferrados, pero sorprende que estas medidas ( a de 144 e 4.590 varas) pertence aos concellos de Lira, Mazaricos, Outes e Os Vaos, a primeira, e a parroquias de Noia, todas estas localidades concentradas na área da ría de Muros e Noia.

Dende a Idade Media utilízase a medida tradicional dos ferrados, nome que podería derivar da forma roamana modius ferratus. O ferrado era un caixón utilizado para gardar as sementes de cultivo, por exemplo, de millo. Mais por metonimia o significado de ferrado estendeuse ao terreo necesario para esa cantidade de cereal que collía dentro do caixón.

“Aqueles territorios que pertencían aos mesmos concellos, a pesar de estar distanciados e separados, tiñan o mesmo ferrado”, indica o profesor de Historia da Universidade de Cantabria, Rubén Castro Redondo, nun artigo publicado en La Voz de Galicia.

Botando a vista atrás, obsérvase como no Catastro de Enseada están rexistradas 3.650 parroquias, mais só 39 valores diferentes de “ferrado de sementeira”. Isto indica que a pesar do gran número de parroquias, se estas compartían concello, tamén compartirían o sistema métrico e con el os valores dos ferrados. É por isto que terreos próximos e con fertilidade parecida poderían ter ferrados cunhas dimensións moi diferentes.

A través destes datos e do estudo do Catastro de Enseada rómpense a crenza e o razoamento de que o ferrado é unha medida que depende da produtividade da terra, pois o ferrado relacionábase coa cantidade de terreo necesario para obter unha cantidade de cereal. Isto dependería, entre outros factores, da produtividade do lugar. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...