fbpx
San Lourenzo, o santo patrón de Cereixa e do Castro de San Lourenzo
San Lourenzo, o santo patrón de Cereixa e do Castro de San Lourenzo

“Cereixa ceibe, poder copular”, como unha pequena parroquia galega pode ser o centro do mundo

Tempo de lectura: < 1 min.

San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. A súa poboación, como a da Galicia rural, diminuíu notablemente nos últimos anos, pasando dos 227 habitantes de 1991 a 157 en 2011 (último rexistro que se coñece). E este 2022 fai 200 anos como parroquia, xa que, ata 1822 foi concello propio.

Esta pequena parroquia é un pequeno centro do  mundo galego, como o foron os milleiros de parroquias que existen neste rico país que se chama Galicia. Precisamente, por iso, para lembrar as microhistorias, que son as que realmente nutren á historia, acaba de presentarse un interesante documental baixo o título de “Cereixa ceibe“.

Un documental que aborda a historia desta parroquia, famosa por ser o berce dunha das grandes heroínas galegas, María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Cereixa tamén tivo un papel fundamental na represión franquista porque ao seu carón, en Chavaga, tivo lugar unha dos últimos grandes enfrentamentos entre guerrilleiros e forzas armadas, a batalla de Repil.E, como non, tamén se coñece a Cereixa polo seu castro, o de San Lourenzo, con interesantes achádegos nos últimos anos.

 

Pode que che interese...