fbpx
Interior do Museo Marco de Vigo / Bluscus.es

O PP esixe á Deputación de Pontevedra apoio económico para o museo Marco de Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

O grupo provincial do Partido Popular proporá no pleno deste venres que a Deputación de Pontevedra apoie económicamente ao museo Marco de Vigo.

A presidenta local do partido na cidade, Elena Muñoz, indicou que o museo está a pasar “por un momento crítico” e lamentou que, a pesar desta situación, “haxa unha absoluta desatención do goberno municipal sobre o museo e sobre as necesidades que ten neste momento”.

Ademais, a popular botou en falta “o apoio” da Deputación de Pontevedra. “Cando o PP gobernaba a institución provincial, o PSOE esixía maior implicación no Marco, pero agora que están a gobernar vemos que os están ignorando absolutamente”.

Muñoz apuntou que, desde a inauguración do Marco en 2002, se foi situando como “un dos referentes dentro da rede museística de Vigo e de Galicia“, amparado pola “calidade da súa oferta e das exposicións que nel se desenvolveron durante estes anos”.

Pode que che interese...