Museo Carlos Maside, en Sada / xunta.gal

Piden a declaración urxente de BIC para un museo pechado e comido pola humidade, o Carlos Maside en Sada

O museo Carlos Maside leva pechado desde o ano 2012 e a conservación actual do edificio, ideado polo arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat, ofrece serias dúbidas sobre o estado en que se encontran algunhas pezas artísticas da colección, tal e como xa recolleu este portal.

O Concello de Sada leva reclamando a declaración de BIC para o complexo formado polo museo e máis pola fábrica de cerámica do Castro, que forman un conxunto que ten valor arquitectónico propio, ademais do valor dunha colección artística que reune artistas galegos contemporáneos e alberga unha parte importante do legado artístico de Luís Seoane.

Por iso, varios políticos reclamaron estes días a súa declaración como BIC. Ánxeles Cuña, Luca Chao e Antón Sánchez, deputadas de En Marea no Parlamento de Galicia máis Miguel Anxo Fernán Vello, no Congreso, xunto co alcalde de Sada, Benito Portela, pediron a pasada semana nas inmediacións deste museo que sexa protexido.

Todos eles coincidiron na necesidade de dar protección ao museo, “tanto ao edificio, como á colección, é render unha homenaxe á xeración de Seoane e ao seu traballo por Galicia”. Ademais da declaración de BIC, En Marea tamén respalda a petición do concello de conseguir un convenio entre a propia administración municipal, a Xunta de Galicia máis a empresa do Castro para que se poida reabrir o museo e se poida dar mantemento ao edificio e conservación ás coleccións.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 3 Marzo 2018

    […] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou os estudos previos necesarios para proceder á incoación da declaración como ben de interese cultural (BIC) do Museo Carlos Maside, situado no complexo industrial de Cerámicas do Castro, en Sada. Unha decisión que chega logo das protestas do concello de Sada (onde se ubica o edificio) e de diferentes colectivos patrimoniais polo estado de abandono no que se atopa, tal e como xa publicou Historia de Galicia. […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: